Gerardo Pérez Puga, novo concelleiro de Pontevedra

165
  • O novo edil do PP xurou o cargo no Pleno municipal celebrado hoxe

A Corporación municipal conta cun novo concelleiro: Gerardo Ramón Pérez Puga quen xurou o cargo no Pleno municipal do Concello celebrado hoxe no que xa participou como membro de pleno dereito.  O novo edil do Partido Popular chega ao cargo após a dimisión do anterior portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira, posto agora asumido por Rafael Domínguez.

O alcalde Miguel Fernández Lores deu a benvida a Pérez Puga en nome de todos os membros da corporación, desexándolle “moito éxito no seu traballo ao servizo de todos os pontevedreses e pontevedresas”.

COMPARTIR