París, interesada pola acollida dos pontevedreses ao modelo de cidade

54
  • Christophe Najdovski, adxunto á Alcaldía de París e concelleiro de transportes, viaxes, estradas e espazos públicos reuniuse co alcalde Lores e preguntoulle pola reacción da
    veciñanza fronte á transformación urbana.

O adxunto á Alcadía de París, Christophe Najdovski mostrouse moi interesado esta tarde en coñecer algúns detalles do proceso de transformación urbana de Pontevedra nunha xuntanza de traballo que se celebrou na Alcaldía da capital francesa, aproveitando a presenza de Miguel Anxo Fernández Lores no congreso Smartcity Grand París 2018.

Najdovski, adxunto á alcaldesa Anne Hidalgo, coñecía a experiencia pontevedresa e os
logros ambientais da cidade, mais interesouse especialmente por algúns dos aspectos do
proceso que se levou adiante na cidade do Lérez, especialmente o relacionado coa reacción dos habitantes.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores explicoulle que a cidadanía realmente apoia este tipo de procesos, aínda que están moi mediatizados polos grupos de poder, a
oposición política e a defensa dos privilexios que normalmente ten o coche, ademais do
medo que algunhas persoas teñen ao cambio.

“Ademais, a porcentaxe de uso do coche nunha grande cidade é moi inferior á porcentaxe
dunha cidade pequena, co que o proceso de redución de espazos para os coches afecta
proporcionalmente a máis persoas nunha cidade pequena que nunha grande”.

O número de parisienses que utilizan o transporte privado ronda o 10% da poboación, ao que hai que engadir un 30% que veñen de fóra da capital.

COMPARTIR