O Flop Festival volve aunar música, natureza e liberdade no Parque dos Gafos

125
  • Terá lugar o sábado 13 de xullo e ofrecerá música de dez formacións galegas e internacionales
  • As opcións culinarias están enfocadas a todos os gustos e sensibilidades e os cocktails apostarán polos viños e vermús gallegos

A V edición do Flop Festival volve este sábado ao Parque dos Gafos con doce horas de música para reivindicar as liberdades e dereitos LGTB. O cartel desta cita foi presentado esta mañá pola concelleira de Festas, Carme da Silva, polos programadores José González ‘Malaguita’ e Viktor Flores, e polos integrantes de Palmero Estudio, encargados do deseño da imaxe gráfica do evento.

Da Silva salientou o espírito integrador do festival asegurando que “o que máis nos gusta desde o Concello é que é un festival da diversidade e da pluralidade, pensado para todos os públicos e para todas idades.”  Ao respecto do enfoque mencionou o horario, claramente diurno, de 12 da mañá a 12 da noite, e asegurou que “é un orgullo que se celebre este festival en Pontevedra, siga sendo o que xa é unha marca de identidad da nosa sociedade, que é una sociedad aberta, plural, integradora e que defende siempre as libertades individuas e colectivas e esta festa quelle simbolizar todo isto”.

O cartaz de actuacións inclúe formacións internacionais como a australiana Bell Towers, outras de procedencia estatal como Sano, Samantha Hudson e Blue ligths in the basement, e outras galegas como More amore, Babykatze, Lua Zalamera, Mico, Certain People e o DJ Viktor Flores. “Non se trata dun festival exclusivamente de música electrónica” quixo aclarar Viktor Flores, que indicou que ademais de na música tamén trataron de introducir todo tipo de variedades e sensibilidades nas opcións de comidas.

As opcións disponibles de comida serán atendidas a través de foodtrucks que inclúen oferta vegana, vexetariana e sen glute. Viktor Flores tamén informou que nos cockteails que se oferten se utilizarán niños e vermús galegos.