Comeza a colocación do lastro na rúa Lepanto

52

A Concellaría de Obras, que xestiona Demetrio Gómez, comeza mañá a colocación do lastro na rúa Lepanto. A obra entra nunha das fases decisivas unha vez que se ten rematada a instalación das canalizacións de servizos, un traballo que se realizou ao longo de varias semanas.

A reforma da rúa Lepanto, que foi adxudicada á empresa E.C.Casas por 183.401,08 euros, consiste na creación dunha plataforma única, con pavimento de lastro confinado en bandas de formigón.

Na parte superior da rúa, no seu entronque con Benito Corbal, créase unha zona de estancia con árbores e bancos.

Entre as melloras presentadas pola empresa está a renovación de toda a iluminación e a pavimentación do cruzamento entre Lepanto e San Antoniño.