A Concellería de Medio Natural controla a propagación de herbas da Pampa nas beiras do río Lérez

32
  • Tal e como explica o concelleiro Iván Puentes, trátase dunha especie invasora que “tende a proliferar con moita facilidade e que, pola súa fisonomía, tapa elementos como mobiliario urbano ou sinais de tráfico”

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixe o socialista Iván Puentes, realiza nestes días traballos de eliminación de plantas cortadeiras (ou herbas da Pampa) nas beiras do treito urbano do río Lérez, ata a altura da praia fluvial, e a contorna da Illa das Esculturas. A actuación, que están a levar a cabo tres operarios, pretende evitar a propagación desta especie invasora, que, como sinala Puentes, “tende a proliferar con moita facilidade se non se controla e que, pola súa fisonomía, tapa elementos como mobiliario urbano ou sinais de tráfico”.

Segundo precisa o edil do PSOE, os traballos enmárcanse nun contrato máis amplo, que conta cun orzamento global de 14.000 euros e que prevé intervencións de limpeza en profundidade na área da Xunqueira.