A Xunta de Goberno local dá luz verde ao decreto para remodelar a cuberta da Galiña Azul da Parda pola vía de emerxencia

35
  • As obras serán executadas pola firma Acevi, conta cun orzamento de 66.224,45 euros e contempla a renovación dos canalóns. Paloma Castro agarda que os traballos poidan comezar en 15 días

A Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde ao decreto da Alcaldía para executar pola vía de emerxencia as obras de reforma da cuberta da Galiña Azul da Parda. Superado este trámite administrativo, a concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, agarda que as actuacións, que porán fin de xeito definitivo ás filtracións de auga que se producen no centro durante as épocas de choiva, poidan dar comezo “nun plazo duns 15 días”.

O proxecto será executado pola empresa Acevi cun orzamento de 66.224,45 euros e contempla a instalación dunha cuberta formada por un panel de chapa de aceiro con acabado lacado e unha chapa interior de 0,6 milímetros con núcleo de espuma. As obras incluirán a renovación dos sistemas de canalización, mediante a colocación de canalóns interiores tipo sándwich formado por dúas chapas de aceiro con aillamento térmico a base de la de vidro.

A proposta de Acevi prevé o desenvolvemento de traballos auxiliares de desmontaxe, montaxe, desconexión e nova conexión, se é preciso, de equipas de climatización e paneis solares.