Abre o Arquivo municipal baixo estritas condicións para a consulta de documentos

58
  • A atención será, esencialmente, telemática, pero tamén se permitirá a consulta presencial cando sexa absolutamente imprescindible e baixo cita previa.

O Arquivo municipal de Pontevedra abre as súas portas ao público baixo estritas condicións para a consulta de documentos que regula as fases da desescalada. Estas condicións son as seguintes:

  • Priorizará a atención telemática.
  • Cando sexa absolutamente imprescindible, a cidadanía poderá solicitar a consulta de maneira presencial con cita previa. O Arquivo comunicará por teléfono ou correo electrónico, a data e as condicións de consulta da documentación. Terán preferencia as peticións de información e copias de documentos que deban aportarse en procedementos administrativos e xudiciais.
  • Os documentos e material consultado quedarán en corentena durante un período mínimo de 10 días antes de poder ser empregados de novo.
  • Usuarios e investigadores só poderán empregar os seus equipos informáticos.
  • Os usuarios deberán adoptar as medidas adecuadas para protexer a súa saúde e evitar contaxios cumprindo as recomendacións das autoridades sanitarias. 
  • O Arquivo poñerá a disposición dos usuarios que accedan as instalacións máscaras, guantes, panos desbotabeis e solucións hidroalcólicas.
  • O teléfono de contacto do arquivo municipal é 986 804300 ext. 7021
  • O correo electrónico: arquimunpo@pontevedra.eu