Lores solicitará unha entrevista a Feijóo para repasar “cuestións pendentes” da cidade

32

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores solicitará un encontro co presidente da Xunta de Galiza, cando inicie a nova lexislatura “para repasar cuestións pendentes, que son moitas e moi importantes”, indicaba, apuntando que era “necesario unha colaboración razoable”.

Aínda que non está pechado, o alcalde adiantou algúns dos temas que se abordarán nese futuro encontro: Montecelo no que hai asuntos pendentes porque non se expropiaron os terreos nos que se abrirán novas vías; o dragado da ría; a mellora da estrada de Vilagarcía; a Variante de Alba ou a residencia da Terceira Idade, entre outros asuntos.

Fernández Lores apuntou que está tratando de poñerse en contacto con Núñez Feijóo para felicitalo persoalmente, e tamén para pechar esa futura entrevista.

COMPARTIR