Remata o zafarrancho de limpeza da rúa Manuel del Palacio

0

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa os zafarranchos de limpeza nos barrios da cidade. Nesta ocasión rematarase a rúa Manuel del Palacio, no sentido ascendente lateral dereito, incluída a vía de servizo.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá de mañá. A zona de estacionamento estará valada dende hoxe pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.