Inicio Áreas Patrimonio

Patrimonio

O Concello de Pontevedra iniciou no ano 2015 un proceso de actualización do Inventario de Bens e Dereitos municipais. É un traballo que se acordou realizar por partes, é dicir, en primeiro lugar realizouse a actualización do epígrafe Inmobles, para continuar seguidamente cos restantes: Dereitos reais, Valores mobiliarios, e Créditos e dereitos persoais.

Até o de agora está parcialmente cumplimentada a primeira parte: a actualización do inventario de Bens inmobles. E está por concluír o proceso administrativo de aprobación por parte dos órganos de goberno competentes.

O  inventario municipal vixente data do ano 1995 e foi actualizado puntualmente até o ano 1999. Toda a documentación do Inventario obra en papel no servizo de Patrimonio do Concello. Todas as persoas que queiran consultar o inventario poden dirixirse ao servizo:

Servizo de Patrimonio do Concello
Rúa don Filiberto s/n
Teléfono 986 868 611 Ext. 7273/74
patrimonio@pontevedra.eu

Nesta páxina web, o responsábel do departamento de Patrimonio acordou non colgar toda a documentación do Inventario municipal dado que se atopa en fase de actualización e de dixitalización. Unha vez que a nova catalogación estea aprobada oficialmente poderase ir colgando nesta web ou na sede electrónica do Concello xa que a súa dixitalización facilitará o traballo, e non suporá gastos engadidos na dixitalización da actual, toda vez que os cidadáns poden consultala no servizo.

O documento que se colga nesta web é o avance da actualización do Inventario de bens inmobles rematado a finais de 2016 e pendente de aprobar polos órganos de goberno competentes. Os veciños deben ter en conta que este non é o documento oficial.

Outros bens do Patrimonio municipal:

Servizo de Patrimonio do Concello
Rúa don Filiberto s/n
Teléfono 986 868 611 Ext. 7273/74
patrimonio@pontevedra.eu