Grupo Municipal do BNG

Datos de contacto

Dirección: Rúa Marquesa, 3 2ºI – 36002 Pontevedra
Teléfono: 986 86 62 05
Correo: pontevedra@bng.gal
Webbng.gal/pontevedra

Concelleiros

Miguel Anxo Fernández Lores (Alcalde)

MIGUEL FERNANDEZ LORES ALCALDE DE PONTEVEDRA POR EL BNG

Licenciado en Medicina. Médico. Portavoz do BNG no Concello de Pontevedra desde 1987 e alcalde desde 1999 até a actualidade.
Contacto e redes sociais:
mlores@pontevedra.eu
Facebook
Twitter
Instagram

Anabel Gulías Torreiro

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración con mestrado en Desenvolvemento Local e Comarcal e cursos de doutoramento en Procesos Políticos Contemporáneos. 

Ten experiencia en alta dirección de empresas tanto públicas (foi técnica do Leader para a comarca Deza-Tabeirós) como privadas (foi xerente de Sermos Galiza). Entre 2011 e 2015 Foi portavoz do BNG en Forcarei.

Portavoz do Goberno

Na actualidade, no Goberno municipal é responsábel de:

  • Réxime interior, organización da administración e canles de relación coa cidadanía
  • Xestión do Padrón municipal de habitantes
  • Impulso e xestión dos expedientes de contratación
  • Xestión dos fondos EDUSI
  • Promoción da cidade e proxección exterior da cidade e do Concello
  • Grandes eventos deportivos
  • A inscrición e modificación no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos

Contacto: agulias@pontevedra.eu

Eva Villaverde Pego

Licenciada en Ciencias políticas e da Administración pola USC (especialidade en estudos de administración pública). Responsábel de Política Municipal na Executiva Nacional do BNG.

No Goberno municipal é responsable de:

  • Sostemento dos espazos públicos: actuacións de sostemento e reparación da sinalización horizontal e vertical, mobiliario urbano, iluminación pública e vías públicas urbanas (agás obras completas de reposición), instalacións de empresas subministradoras
  • Coordinación e dirección directa da policía local
  • A solicitude de autorización para realización de servizos sen uniforme por parte dos axentes da policia local
  • Coordinación e supervisión do servizo municipal de extinción de incendios
  • Coordinación e supervisión do servizo de protección civil
  • Coordinación do plan de emerxencia municipal
  • Ocupación de vías públicas (como pasaxes permanentes, veladores, casetas, etc)
  • Dirección e coordinación en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario
  • A imposición de sancións en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario

Contacto:evillaverde@pontevedra.eu

Demetrio Gómez Xunqueira

Demetrio Gómez Xunqueira

Licenciado en Filoloxía. Ensinante. Concelleiro nos mandatos de 1999, 2003 e desde 2007.

No Goberno municipal é responsable de:

  • Proxectos integrais de urbanización e reurbanización
  • Coordinación de actuacións urbanas
  • Transportes públicos, taxis e transporte a demanda
  • Xestión de estacionamentos en réxime de concesión
  • Ordenación do estacionamento en vías públicas

Contacto: dgomez@pontevedra.eu

César Mosquera Lourenzo

César Mosquera Lourenzo

Licenciado en Matemáticas e Pedagoxía. Ensinante. Concelleiro no Concello de Pontevedra desde 1991. É vicepresidente da Deputación provincial de Pontevedra e portavoz do BNG na mesma institución.

No Goberno municipal é responsable de:

  • Xestión e ordenación xeral da mobilidade
  • Accesibilidade
  • Ordenación do territorio
  • Infraestruturas de comunicación e dotacións tanto propias como de outras administracións

Contacto: cmosquera@pontevedra.eu

María do Carme da Silva Méndez

María do Carme da Silva Méndez

Licenciada en Químicas. Concelleira desde 1995. Nos períodos 2005-2009 e 2012-2013 foi deputada no Parlamento Galego.

No Goberno municipal ten a responsabilidade de:

  • Patrimonio municipal
  • Actualización de inventarios
  • Responsabilidade patrimonial e reclamación de danos ao patrimonio municipal
  • Iniciativa, programación e xestión de actividades lúdicas e festas
  • Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras administracións ou entidades
  • Dinamización sociocultural
  • Xestión do ciclo da auga
  • Vicepresidencia do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra

Contacto: cdasilva@pontevedra.eu

Raimundo González Carballo

Raimundo González Carballo

Licenciado en Dereito e Económicas. Ensinante. Concelleiro en Pontevedra desde 1991.

No Goberno municipal ten competencias en:

  • Orzamentos e gasto público, ingresos.
  • Ingresos de dereito privado e de dereito público, tributarios e non tributarios en todo o que non sexa competencia do Órgano de Tesourería e Xestión Tributaria.
  • Autorización e disposición de gastos, non atribuídos a outro órgano de goberno por disposición legal.
  • Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
  • Xestión da recollida e tratamento dos residuos municipais, recollida selectiva e contratación destes servizos.
  • Obras derivadas do contrato do ciclo da auga.
  • Servizos territorializados en Canicouva e Pontesampaio, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.

Contacto: rgonzalez@pontevedra.eu

María do Carme Fouces Díaz

María do Carme Fouces Díaz

Licenciada en Farmacia. Ensinante. Concelleira en Pontevedra desde 2011.

No Goberno municipal ten competencia sobre:

  • Negociación de acordos e convenios colectivos, reguladores das condicións de traballo e melloras sociais
  • Seguimento e control do cumprimento dos dereitos e deberes do persoal ó servizo do concello
  • Promoción e xestión da cultura
  • Decisións, propostas e trámites en materia de persoal que sexan competencia da Alcaldía
  • Cemiteiros
  • Xestión do Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra e do Teatro Principal
  • Presidencia do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra

Contacto: mfouces@pontevedra.eu

Luís Alberto Oubiña Piai

Graduado en Relacións Laborais con máster en Profesorado de formación profesional. 

No Goberno asume as áreas de:

  • Novas tecnoloxías
  • Normalización lingüñística e cultural
  • Xuventude
  • Montes e parques forestais
  • Zonas verdes, parques e praias rurais
  • Coordinación rural
  • Servizos territorializados nas parroquias de Bora, Mourente, Marcón, Tomeza, Salcedo e Lourizán exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral

Contacto: aoubina@pontevedra.eu

Pilar Comesaña Hermida

Pilar Comesaña Hermida

Técnica en coidados de enfermería. Traballadora xubilada da sanidade pública. Dirixente veciñal. Concelleira desde 2011.

No Goberno municipal é responsable de:

Servizos territorializados nas parroquias de Parroquias de Campañó, Alba, Cerponzóns, Lérez, Verducido, Santa María de Xeve e Santo André de Xeve exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.

Contacto: pcomesana@pontevedra.eu

Xaquín Moreda González

Arquitecto e músico. Membro da asociación cultural Maravallada.

No Goberno municipal ten responsabilidade en:

  • Planeamento urbanístico
  • Xestión urbanística
  • Licenzas urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas de obras e actividades
  • Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas e reposición da legalidade urbanística
  • Ordes de execución e declaracións de estado de ruína
  • Dirección, coordinación e imposición de sancións por infraccións ás normas urbanísticas, medioambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia de Alcaldía
  • Vivenda, areas de rehabilitación integral e outros instrumentos de xestión de vivenda
  • Patrimonio cultural e etnográfico
  • Actuacións en materia de vivenda: ARI de Estribela e Centro Histórico

Contacto: xmoreda@pontevedra.eu

O TEMPO

Pontevedra, ES
lluvia moderada
12.3 ° C
13.9 °
10 °
93%
5.7kmh
90%
Dom
15 °
Lun
15 °
Mar
15 °
Mér
16 °
Xov
14 °
X