Máis de 95.000 euros en obras de saneamento e na rede de auga potábel

126

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá dúas novas obras incluídas dentro do programa de melloras que realiza a empresa concesionaria de auga e saneamento Viaqua. Trátase da mellora da canalización de augas pluviais que atravesa a parcela de estacionamento disuasorio da avenida de Marín. O proxecto está valorado en 51.701,40 euros e supón a instalación dunha tubaxe de 1.000 mm, que terá desaugadoiro á ría.

Un segundo proxecto é a renovación da rede de auga potábel e de saneamento na rúa Arcebispo Xelmírez, perpendicular a Fernández Ladreda, que permitirá retirar a rede que na actualidade está baixo os edificios para substituíla por tubaxes de fundición que se instalarán pola rúa. A actual situación provocaba importantes contratempos á hora de facer unha reparación na rede nesta rúa. Ademais, aproveitase á obra para renovar todo o saneamento. O proxecto está valorado en 44.183,96 euros.