Préstamo orzamento 2010

125

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asinou esta mañá o convenio da operación de préstemo para o orzamento municipal de 2010 por valor de 4.050.00 euros. Foi asinado coa entidade de crédito Caixanova.

Con cargo a este crédito o Concello financiará a instalación Wifi por valor de 41.180,41 euros; wimax no centro histórico por 50.000 euros; rede de sumidoiros por 200.000 euros; rede de sumidoiros na N-550 por 200.000 euros; infraestrutura parroquial por 200.000 euros; acondicionamento da PO-12 avenida de Marín por 1.225.43,47 euros; acondicionamento de Joaquín Costa, Pintor Laxeiro e Salgueiriños por 833.276,12 euros; canceira municipal, 100.000 euros; escola infantil Monte Porreiro, 540.000 euros; Museo da praza Valentín García Escudero, 460.000 euros; obras nos centros escolares, 200.000 euros.

O alcalde explicou que moitas destas obras xa están iniciadas porque dispoñen de crédito no orzamento municipal. Estas partidas son reforzos para rematar ou continuar estes proxectos.