Acordo para un goberno de coalición

85
 

 

 

 
 

   Analizados os resultados electorais, a situación económica do Concello, os programas electorais das dúas forzas políticas e avanzado na reorganización administrativa do Concello, os Grupos Municipais do PSdG-PSOE e do BNG tomaron as seguintes decisións:

 

 

 

Goberno de Coalición

 

 

 

Concretar o compromiso de estabilidade do Goberno Local de Pontevedra mediante a formación dun Goberno de Coalición para todo o mandato, como fórmula que, nas circunstancias actuais de Pontevedra, mellor pode garantir a gobernabilidade e un Goberno forte, con impulso e capacidade de reacción e xestión.

 

 

 

As dúas forzas políticas reiteramos a nosa sensibilidade coa realidade social na que estamos a vivir e comprometémonos a levar a cabo dende a institucion municipal unha política  sensíbel e atenta ás necesidades dos nosos veciños e veciñas; atenta aos requerimentos que xorden neste peculiar momento histórico e dotada da intelixencia e creatividade necesarias para darlles solución dentro das competencias municipais.

 

 

 

 

 

Principios do Goberno

 

 

 

Acordamos dotar ao Concello de Pontevedra dun goberno único, solidario, proporcional en responsabilidades e recursos que terá como  principios básicos a austeridade  na xestión e no gasto, a simplificacion administrativa, a transparencia e o diálogo  sempre  dende a defensa do interese público, esforzándose na optimización dos recursos, coa máxima lealdade entre todos os membros do goberno, sexan da mesma ou de distinta opción política e cun programa básico común.

 

 

 

A Xunta de Goberno será o órgano de decisión e cohesión do goberno ao que asistirán tanto os concelleiros e as concelleiras de pleno dereito como todos os demais concelleiros con responsabilidades de goberno.

 

 

 

 

 

Economía e crise económica

 

 

 

A crise económica e as súas tremendas consecuencias de atonía económica e, sobre todo, alto desemprego, centrarán todos os esforzos do goberno de coalición de Pontevedra. As medidas mais importantes serán:

 

 

 

Esforzo máximo do concello como elemento dinamizador da economía e xerador de emprego a través do esforzo investidor e de todas as medidas que, dentro das súas posibilidades, poida acometer o Concello.

 

Reaxuste e recorte, cando sexa necesario e posíbel, do gasto corrente e de persoal en aras a adaptar os gastos á situación económica e a aumentar a capacidade investidora do Concello.

 

Manter o máis baixa posíbel a presión fiscal (taxas e impostos) cos reaxustes necesarios para asegurar a prestacion  dos servizos pero sempre por debaixo do IPC, cando menos até superar a crise económica.

 

Facer unha política de ingresos centrada na eliminacións das bolsas de fraude que puideran existir e na mellora dos padróns, aumentando así a xustiza e equidade no esforzo fiscal.

 

 

 

Outros aspectos programáticos

 

 

 

Se a crise económica e a loita contra o paro é o eixe central do programa común, existen outros moitos elementos compartidos entre os que destacamos:

 

 

 

Mellora da participación social tanto directamente como a través dos órganos que se acorde pór en marcha.

 

Aposta pola profundizacion nas políticas sociais.

 

Avance das infraestruturas de comunicación e servizos: rolda urbana, circunvalación, conexión desta coa rede periurbana, cercanía ferroviaria, mellora da Estación de Buses e da súa conexión viaria e coa estación de FF.CC., remodelación do Nó de Bombeiros, e as actuacións de subministro de auga do convenio con Aquanorte.

 

Posicionamento sobre o Hospital Único en Montecelo.

 

Avance no saneamento do territorio, especialmente nos ríos e na Ría e impulso ao traslado de ENCE-ELNOSA.

 

Impulsar o novo PXOM como elemento necesario para o desenvolvemento harmónico do concello, coa necesaria colaboración da Xunta.

 

Impulsar políticas activas de emprego e todas as medidas axeitadas para combater o paro.

 

Aposta decidida da cidade como destino turístico, congresual, feiral  e de todo tipo de eventos

 

Estender os elementos de calidade urbana aos barrios periféricos e ás parroquias.

 

Posta en valor dos nosos recursos patrimoniais e ambientais.

 

Reforma e modernizacion da Administracion Municipal

 

Manter os servizos actuais, recortando só aqueles que poidan ser prestados por vías alternativas ou os que, sen ser competencia municipal, deixaron de ter financiamento da administración competente.

 

 

 

Recorte do gasto corrente.

 

 

 

 

 

Cífrase en 1.500.425 € sen que sufran promoción económica e a Área Social (Servizos Sociais e Benestar) que mesmo experimentan subas.

 

 

 

 

 

Esforzo investidor

 

 

 

As previsións para todo o mandato, período 2011-2015 cífrase entre 55 e 75 millóns de euros en función da evolución das variábeis económicas xerais. O esforzo será decrecente coa máxima intensidade neste ano 2011, no que se fixa como obxectivo alcanzar os 30 millóns de euros.

 

 

 

Goberno

 

 

 

Xunta de Goberno: 7 do BNG e 2 do PSdG-PSOE

 

Alcaldía: BNG; Tenencia de Alcaldía: PSOE, aínda que haxa substitucións.

 

Concelleiros non electos: poderá exercer esta posibilidade cada un dos grupos coaligados.

 

Presidencia de Comisións: 2 o PSdG-PSOE; 4 o BNG.

 

 

 

 

 

Reparto de responsabilidades e competencias

 

 

 

 

 

 

 

Competencias a desenvolver polos concelleiros/as do PSdG-PSOE:

 

 

 

Urbanismo: Modificacións do planeamento; planeamento de desenvolvemento, xestión urbanística.

 

Licenzas de obras, parcelamento, actividade e primeira ocupación.

 

 

 

Disciplina: disciplina urbanística e ambiental.

 

 

 

Vivenda: Actuacións en materia de Vivenda. ARI de Estribela.

 

 

 

Obras Urbanas: Proxectos  de nova urbanización e reurbanización , agás no Centro Histórico e nos elementos catalogados.

 

 

 

Estacionamentos.- Xestión dos estacionamentos en réxime de concesión.

 

 

 

Educación:  Xestión, conservacion e matemento dos centros públicos  dentro das competencias municipais. Impulso á execucion de  novos centros.

 

Xestión de programas e actividades nos centros educativos

 

 

 

Universidade.-   Relacións  e impulso a programas de colaboracion cos centros universitarios  que desenvolven actividade no Concello de Pontevedra.

 

 

 

Deporte: Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica deportiva e instalacións deportivas. Presidencia do Instituto Municipal de Deportes.

 

 

 

Promoción Económica, Emprego e Turismo: Actividades de promoción económica de todos os sectores produtivos. Políticas de emprego. Promoción do Turismo. Xestión de Congresos e Feiras no Recinto Feiral en coordinación co organismo autónomo. Comercio. Incentivación das actividades empresariais.

 

Mercados Municipais. Venda ambulante. Matadoiro. Presidencia da Empresa municipal de turismo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Competencias a desenvolver polos concelleiros/as do BNG.

 

 

 

Relacións institucionais: Relacións do Concello con  outras Administracións e Institucións, en coordinación cos responsábeis directos da área de goberno.

 

 

 

Ordenación do territorio: Instrumentos de ordenación do territorio.

 

Infraestruturas: infraestruturas de comunicación e servizos tanto propias como de outras administracións.

 

 

 

Novo PXOM: Xestión do novo PXOM en tramitación.

 

 

 

Patrimonio Histórico: Obras e actuacións no Centro Histórico e outros elementos catalogados. Patrimonio cultural e etnográfico.

 

 

 

Cultura: Promoción e xestión da cultura. Dinamización sociocultural.

 

 

 

Sociedade do coñecemento.

 

 

 

Normalización lingüística e cultural

 

 

 

Festas

 

 

 

Xuventude.

 

 

 

Igualdade.

 

 

 

Consumo.

 

 

 

Facenda

 

 

 

Réxime Interior

 

 

 

Persoal

 

 

 

Patrimonio Municipal.

 

 

 

Servizos: Ciclo da auga, limpeza e RSU's, parques, xardíns e praias. Iluminación pública, vías públicas.

 

 

 

Servizos sociais: Servizos Sociais. Drogo-dependencias. Garderías.

 

 

 

Protección cidadá: Policía. Bombeiros. Protección Civil. Ocupación de vía pública.

 

 

 

Mobilidade: Mobilidade: transporte público e auto-taxis. Accesibilidade.

 

 

 

Sanidade: sanidade animal. Canceira e animais abandonados.