Recepción Unidade 18

95
A cidade de Pontevedra dispón dende a pasada semana nunha nova zona urbanizada aberta ao público. Trátase da gran bolsa residencial situada entre as rúas Eduardo Pondal, Doce de Novembro, Filgueira Valverde e Joaquín Costa. Son 16.914,55 metros cadrados onde existe a posibilidade edificatoria de 95.855,15 metros cadrados.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores asinou o pasado venres a recepción parcial desta urbanización que conta con todos os servizos: mobiliario urbano, sinalización, iluminación, elementos de recollida de residuos.

O alcalde acompañado do tenente de alcalde e concelleiro de urbanismo, Antón Louro e do concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera que tramitou durante anos esta urbanización, asinou a acta de recepción da urbanización. Fernández Lores explicou que “se trata da urbanización de maior edificabilidade máis céntrica de Pontevedra”. Dispón de 18.035 metros carados en viarios; 5.244 metros cadrados en zonas verdes; 132 prazas de estacionamento (10 para discapacitados).

O Concello de Pontevedra percibiu tres parcelas nesta urbanización: unha de 5.455 metros cadrados que xa foi cedida á ONCE para que constrúa neste lugar o Centro de Recursos de Pontevedra. E outras dúas parcelas de máis de 1.700 metros cadrados e outra de 147,8 metros cadrados, cunha edificabilidade de máis de 13.000 metros cadrados e están pendentes de venda.

O alcalde explicou que esta nova área urbana de Pontevedra permite a permeabilización da rede viaria na zona leste ao conectar directamente coa ponte que ADIF está a facer para conectar Doce de novembro con Conde Bugallal, e tamén conecta Eduardo Pondal con Loureiro Crespo, “ofrece distintas alternativas nesta parte da cidade, que ten un gran crecemento”.

O alcalde amosouse satisfeito de recibir a parcela “xa que mellorará a calidade de vida, especialmente na zona leste da cidade”.