Reforma da praza de Barcelos: segunda fase

85

A Concellaría de mantemento dos
espazos urbanos que xestiona Raimundo González Carballo dá un paso máis na
conservación da concurrida praza de Barcelos, situada no corazón da cidade. Se
nun primeiro momento acometéronse obras de emerxencia polos temporais do mes de
xaneiro que obrigaron a levantar parte dos pavimentos dos paseos centrais, esta
obra continúase agora polos procedementos de contratación convencionais, para
avanzar na mellora da praza.

 

As obras que se proxectan son
outro paso vital e ineludibre para poder atender as necesidades dun grande
número de peóns, especialmente nenos, que empregan as zonas de xogo. Estes
espazos atópasen moi dañados polo paso do tempo.

 

Neste proxecto refaranse as
beirarrúas do perímetro da praza e reparase o pavimento de granito dos paseos
do interior da praza que non fosen renovados nas obras de emerxencia, incluídas
as escaleiras de acceso pola parte superior.

 

Tamén está previsto a
pavimentación dos estacionamentos que sexa necesario, así como a adecuación ou
construción de sumidoiros e canalizacións de pluviais para evitar os problemas
actuais de asolagamentos en algúns puntos.

 

O orzamento desta segunda fase
de mellora da praza de Barcelos ascende a 234.305 euros e será executada pola empresa
E.C.Casas, gañadora do concurso. A obra poderá comezar un mes despois da
sintura do contrato pola empresa, a finais de agosto ou primeiros de setembro.

 

 

A
primeira fase

 

A primeira fase da recuperación
da praza de Barcelos, realizada o pasado mes de febreiro, tivo un custe de
140.000 euros e consistíu na reparación de grande parte dos enlousados de pedra
dos paseos centrais da praza que se viran moi afectados polos temporais do mes
de xaneiro.

 

Naquel momento o Concello
habilitara unha partida de 700.000 euros para executar diversas obras de
emerxencia como a recuperación do paseo urbano dos Gafos ou o asfaltado de
diversas rúas.

 

 

A
mellora do parque infantil

 

Os traballos de mellora de
Barcelos tamén inclúen un terceiro proxecto, exclusivo para a área de xogos
infantís da praza, tal vez a máis empregada de todo o casco urbano. Un proxecto
de 48.000 euros permitirá a colocación dun novo enlousado de caucho ao todo o
parque infantil, dado que o actual ten algunhas zonas moi deterioradas, e tamén
a reparación ou reposición de diversos elementos de xogos.

 

Este terceiro proxecto atópase
en fase de contratación, pero a concellaría confía en poder executar as
melloras este mesmo ano.