Camiños escolares

84

Hai xa moitos anos que o vehículo privado invadiu as cidades converténdose, polas prestacións que ofrece, no rei dos espazos públicos. Todo espazo público é pouco para el, necesita circular, necesita estacionar o máis preto posible do seu destino. Polo tanto construíronse rúas pensando en darlle máis capacidade de mobilidade e manobra, destináronse grandes espazos para o estacionamento, quedando os demais usos da vía pública reducidos en moitos casos ó residual, beirarrúas dun metro ou metro e medio de ancho por onde non se poden cruzar sen apartarse dúas persoa que leven un paraugas, onde non se pode parar sen entorpecer o paso dos demais; das rúas e prazas podemos aproveitar aquel espacio que non estea ocupado con vehículos estacionados ou por aqueles outros destinados á circulación.

Os parques móbiles creceron en gran proporción , os desprazamentos medraron desmesuradamente e, con isto, as necesidades de máis espazo para estacionamentos e para a circulación rodada, xerándose nas cidades non so un importante incremento dos vehículos en tránsito, senón un incremento de vehículos cuxos condutores circulan con expectativas de encontrar estacionamento que, por certo, con frecuencia non atopan porque a oferta de espazo para este fin sempre é inferior á demanda.

Para facer fronte a esta situación a tendencia en moitas cidades europeas é a de realizar políticas que disuadan os condutores de entrar nas cidades, ben humanizando zonas, creando impostos, impedindo circular determinados días os vehículos cuxa matrícula remata en un determinado díxito, cobrando o estacionamento moi caro, establecendo zonas hora con tempo limitado e un longo etcétera. A cuestión está en optar por cidades cun mínimo de calidade de vida ou deixarse invadir sen remisión polo vehículo privado.

En un contexto como o descrito non é de estrañar que o sector máis vulnerable da sociedade, os nen@s, estean absolutamente protexidos polos seus pais que os levan e traen ó colexio, ás actividades extra escolares, ó aniversario dos amigos, a xogar co equipo de fútbol e así calquera outra actividade que nos imaxinemos. Loxicamente cos perigos inherentes ós desprazamentos dos nen@s polos viais afectados pola circulación rodada os pais non poden deixalos sós ó libre albedrío das circunstancias porque hai que garantir un mínimo de seguridade. Despois de todos os traslados habidos durante a xornada os nen@s están na súa casa, deste xeito os pais perden tempo que deben restar ó cumprimento das súas obrigas e, paradoxalmente, teñen menos tempo de calidade para poder adicarlle ós seus fillos. O certo é que cada vez os pequen@s relaciónanse menos entre si, son máis sedentarios e probablemente estean máis sós.

AA sí as cousas, os nen@s, son persoas absolutamente dependentes, sempre estará o adulto que lle resolva ós problemas, que os leve e os traia,o malo é que esta situación de dependencia dura cada vez máis, vai ata idades incluso adultas. Estámoslle furtando ós nen@s parte da súa infancia na medida que non se lles pode permitir ter un espazo para desenvolver a súa esfera privada, relacionarse cos seus amigos fora atenta ollada dos pais.

O proxecto dos Camiño escolar do Concello de Pontevedra ten como finalidade básica que os nen@s poidan ir sós, ou en compaña dos seus amigos, andando ó colexio desde a súa casa.

Esta experiencia pretende poñerse marcha en un determinado colexio do centro da cidade elixido pola súa situación e entorno, si funciona trataremos de estendelo á maioría ou totalidade das escolas do Centro da Cidade.

Na Cidade de Pontevedra, no Centro, temos un escenario ben acondicionado para poder acometer esta práctica: hai zonas peonís, zonas humanizadas, con amplas beirarrúas, tráfico calmado xa que non se pode circular a máis de 30 kms/h. En estas condicións é bastante seguro desprazarse a pe sen ser perturbado pola circulación rodada.

Os obxectivos perseguidos por este proxecto son:

Fomentar a autonomía dos nen@s: ó permitirlles un espazo de privacidade e relación cos seus amigos e co entorno, que se enfronte ós pequen@s problemas e tenten resolvelos na media do posible por si mesmos, que se relacionen co seu medio, que o coñezan, o interpreten e o disfruten.

Fomentar hábitos saudables: unha das grandes ameazas para a saúde actualmente é a obesidade que ven derivada basicamente da concorrencia de dous factores, a alimentación e o sedentarismo. Non cabe dúbida que o feito de moverse, camiñar, correr e xogar é unha práctica desexable desde o punto de vista da saúde física e mental dos máis pequen@s.

Fomentar modelos alternativos de mobilidade: en cidades como Pontevedra un altísimo porcentaxe de desprazamentos poden realizarse sen necesidade de recorrer ó vehículo xa que é unha cidade chan e pequena, que conta cunha reforma urbana pensada para a mobilidade dos peóns e o cambio de hábitos nos desprazamentos hoxe é unha auténtica necesidade nos países desenvolvidos

Fomentar a cohesión social: os nen@s son o noso futuro, no seu coidado debe estar implicada toda a sociedade, neste sentido unha parte unha parte importante da sociedade son os nosos maiores e queremos que coiden dos máis pequen@s, outro importante sector vencellado a este proxecto son os comerciantes e hostaleiros e propietarios de pequen@s negocios situados nas proximidades de onde pasen os cativ@s. Os profesores son un eslavón fundamental desta cadea e os pais a peza básica sen cuxo concurso o proxecto será, sinxelamente, imposible. Trátase, pois, de exercer unha acción coordinada de todos estes sectores coa finalidade de facer unha sociedade máis cohesionada, máis respectuosa, máis amable na que os home e mulleres de mañá sexan mellores persoas e mellores cidadás do que somos hoxe.

Fomentar a seguridade viaria: ó conseguir menor asistencia de vehículos ó colexio porque o número deles que despracen nen@s ó colexio será inversamente proporcional ó número deles que se despracen a pe. Obxectivamente a situación de risco para a seguridade dos nen@s é menor na medida na que se diminúa o número de vehículos que roden polas inmediacións dos pequen@s

Mellorar a fluidez do tráfico: a hora punta do tráfico na Cidade de Pontevedra coincide coas entrada e saídas dos colexios, se a práctica dos camiños escolares chegase a xeneralizase a fluidez do tráfico rodado tamén melloraría e con ela outros aspectos medio ambientais como a calidade do aire por emisión de menos polución.

PLAN DE ACCIÓN.

Loxicamente sen a colaboración de algún dos actores: nen@s, pais e nais o proxecto sería inviable, e sen outros: profesores, comerciantes, entorno, maiores o proxecto quedaría incompleto.

A primeira das cuestións é a de dar a coñecer o proxecto para avaliar o grao de aceptación que esperta e a partir de aí, si se ve viable, dar os pasos necesarios para poñelo en práctica, nesta liña:

1.- Falouse co director e profesores do centro escollido para arrancar coa experiencia, tendo a idea unha magnífica acollida, a partir de aí

2.- Convocáronse varias asembleas coa ANPA do colexio para por unha parte presentar a discutir a iniciativa e por outra realizar unha enquisa para facer un mapa de mobilidade real a cerca do desprazamento dos alumnos en caso de ir andando ó colexio. Os membros da ANPA mostráronse dispostos a participar na experiencia que, en principio involucrará a nen@s maiores de 8 anos.

3.- Con estas premisas realizáronse unhas xornadas nas que participou todo o claustro de profesores do colexio seleccionado relativas á educación medio ambiental, da que unha parte importante era mostrarlles a experiencia dos camiños seguros en outras cidades. Estas xornada foron impartidas por técnicos do Centro Español de Medio Ambiente, pertencente ó Ministerio de Medio Ambiente. Actualmente moitos dos profesores traballan en proxectos para relacionar os contidos das súas materias coas experiencias que os nen@s poidan ter ó relacionarse co entorno.

4.- A Policía local deseñou uns circuítos seguros onde se detectan determinados puntos nos que é necesario reforzar a seguridade ben pola vía de mellorar a infraestruturas viarias ou sinalización, tempos de programación maiores para os semáforos de peón en determinados cruces, todo isto cumprimentado cunha rede de voluntarios que axudan a protexer o cruce dos nen@s en aquelas interseccións que a pesar de estaren semaforizadas soportan moito tráfico de vehículos a motor.

5.- Determinados os aspectos anteriores o seguinte paso foi presentar o proxecto ás asociacións de autónomos ou empresarios que teñen negocios na zona onde se vai desenvolver esta activade. A idea é que se sumen á iniciativa como establecementos colaboradores do Camiño escolar, para isto identifícanse cunha pegatina no escaparate, ben visible desde o exterior que é perfectamente identificable polos cativ@s. A súa función será a prestar axuda a estes se o necesitasen ben resolvendo o problema directamente, chamando ós pais, ó colexio ou a policía se fose preciso. Cunha rede así establecida as posibilidades de axuda e a seguridade que se transmite é realmente importante. Todas asociacións convocadas manifestaron a súa disposición a colaborar co proxecto.

6.- Por último o proxecto foi presentado a través da prensa escrita, radio e televisión a toda a cidadanía e directamente ós maiores a través de reunións mantidas en centros da terceira idade, centros deportivos onde se celebran actividades para eles, coa finalidade de dotarse dunha lista de avós voluntarios que axuden a procurar seguridade naqueles puntos, aínda que seguros, máis vulnerables do circuíto que se deseñou.

 

No momento en que o voluntariado estea estea en activo porase en marcha a experiencia e, segundo funcione e se xeneralice no colexio, a idea é implantala en todos os colexios da cidade que sexa posible porque as avantaxes desta práctica son innegables para toda a cidadanía.