‘Mercado transparente’ de Amarante na praza da Peregrina

40

AMARANTE celebrará este sábado 17 de Decembro un MERCADO TRANSPARENTE con produtos de Comercio Xusto e produtos frescos galegos na praza da Peregrina, das 11h ás 14h.

Colabora neste mercado o Sindicato Labrego Galego, ofertando tanto os seus produtos como información sobre este tipo de consumo local, sustentable, consciente e solidario.

Tamén haberá un Mercado de Troco, para que poidas conseguir aquilo que precisas a cambio do que xa non usas. Lémbrate de levar algo se queres conseguir outra cousa que che poida interesar (libros, roupa, xoguetes, etc).