A ponte das Correntes xa une as dúas orillas

52

A ponte das Correntes xa ocupa o seu espazo na ría de Pontevedra. Dende onte pola tarde, está completo o taboleiro da ponte que une as avenidas Domingo Fontán e Uruguai, logo dunha complexa operación de instalación que foi seguida polas principais autoridades da cidade e tamén por un nutrido grupo de veciños dende ambas beiras da ría.

Os traballos desenvolvéronse ao longo do día, pero os momentos máis plásticos foron cando tres grúas de grandes dimensións levaron a peza central ata a ría, xa que estaba na beira de Domingo Fontán. Estivo protexida por catro flotadores, aínda que os técnicos aseguraban que podería flotar na auga sen axuda de flotadores.

Duas barcazas levaron a peza ata o vano central da ponte e foronna colocando nunha complexa maniobra que se desenvolveu con soltura e amosou a pericia dos traballadores que ían transportando pola auga esta peza.

Arredor das cinco e media comezou o izado da peza con catro gatos hidráulicos sincronizados electronicamente. E dez minutos despois a peza xa estaba perfectamente alineada cos estribos da ponte, que levan varias semanas instalados. Logo empezaron os traballos de soldadura e axuste que se demorarían varios días.

Toda a maniobra foi seguida polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, o tenente de alcalde Antón Louro e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera que fixo un seguimento constante da  maniobra e estivo en todo momento en contacto cos técnicos da empresa e tamén cos enxeñeiros municipais. Toda a oficina técnica do Concello presenciou a instalación da peza ao pé da ponte.