Luís Bará presenta o plan de tráfico aos veciños da Seca polas obras do AVE

101


O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará mantén esta tarde unha reunión cos veciños da Seca para informarlles do plan de traballo das obras do Tren do Eixo Atlántico e tamén a proposta de reordenación temporal do tráfico para dar servizo ao barrio durante estes meses de traballo.

No barrio da Seca os traballos consistirán na instalación da dobre vía e cubrición cunha cuberta de máis de 200 metros neste ámbito, o que permeabilizará o barrio e permitirá crear un espazo libre e público de uso cidadán. Antes diso será preciso derrubar a ponte que dá servizo ao barrio dende a rúa da Seca e Francisco Añón durante un tempo aínda por concretar, aínda que sempre quedará aberto un paso peonil.

A Concellaría de Mobilidade e a Policía Local acordaron coa empresa que executa as obras do tren suspender ata o vindeiro luns, 12 de marzo, o peche desta ponte. Dende ese día, o acceso ao barrio da Seca será por Valdecorvos.

Ver documento PDF
Ver documento PDF