Exposición: Suecia, natureza de ouro

14

 

Lugar: Ed. Delegación Territorial da Xunta (rúa Fernández Ladreda, nº43)

Horario:horario de 9 a 14 horas da mañá de luns a sábado, e de seis da tarde a nove da noite de luns a venres.

 

A mostra está composta de obra gráfica, fotografías e pinturas, inspirada nos artistas neoclásicos suecos coma Per Hasselberg. Asegura Dolores Gálvez que cando visitou o Museo Nacional de Estocolmo, este tipo de arte, en especial as esculturas, chamáronlle poderosamente á atención. “Ante a súa presenza sénteste conmocionado. A súa elegante e serena beleza mostra o seu estado de interiorización e fantasía, alcanzando unha sensación transcendental propia do contacto e a fusión coa natureza”, explica a artista.