Quero ser suavemente chipeado

43

O Concello de Pontevedra e a Asociación Palleiros que se encarga da xestión da canceira municipal, porán en marcha nos próximos días unha campaña de concienciación sobre abandono dos cans en Pontevedra. A concelleira de sanidade, Pilar Comesaña explicou que na actualidade a canceira conta con 190 animais "e temos que pór remedio entre todos, porque debemos tomar conciencia de que hai que adoptar e non abandonar".

De feito, o Concello manterá conversas co colexio de veterinarios para implantar o chip nos cans, de tal xeito que se poida localizar o dono e poder devolver o animal. O custe actual da implantación dos chips ronda dos 30 euros.

Víctor Sariego, presidente de Palleiros, explicou que "a situación é insostible, polo traballo que supón, polo número de cans que hai na canceira, polo custe que supón ao Concello o mantemento da canceira, e polo tanto, a todos os cidadáns". Estas campañas fanse para evitar o sacrificio dos cans.

Ver documento PDF