Aquagest eliminará verteduras detectadas ao Gafos, Lérez e Valdecorvos

62

A Xunta de Goberno aprobou esta semana a adxudicación á empresa Aquagest o proxecto de eliminación de verteduras aos cauces fluviais do concello: Lérez, Gafos e Valdecorvos. Segundo informou o portavoz do Goberno, Raimundo González a adxudicación foi de 190.000 euros, e independentemente da contía do contrato, "é unha gran obra porque pretende acadar o verquido cero aos cauces fluviais".

As actuacións están previstas na rúa Rosalía de Castro, Avenida de Bos Aires, Fernando Olmedo e Pastor Díaz.