Voluntarios de Galup e Alcólicos Rehabilitados participan nun curso de informática na Casa Azul

62

A Concellaría de Benestar Social Municipal pon en marcha esta tarde, a partir das 20.30 horas e dentro da programación de actividades da Casa Azul, un curso de informática básica para voluntarios e colaboradores da Asociación Galup (Grupo de Autoaxuda á Ludopatía) e Alcólicos Rehabilitados.

Participarán 18 persoas e deste xeito dase resposta a unha petición que fixeron estas dúas asociacións nas mesas de traballo incluídas dentro do programa da Concellaría Reconstruír Decembro.

Entre os conceptos que se tratarán no curso están:
• Iniciación á informática
• Manexo básico de Windows
• Manexo básico de Internet