Zafarrancho de limpeza no ámbito de Bibiano Fernández Osorio

65

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza. Nesta semana limparanse as rúas Herminia Fariña, Pintor Colmeiro entre Herminia Fariña e Bibiano Fernández Osorio, a rúa Bibiano Fernández Osorio, e Pintor Virxilio Blanco, entre a rúa Herminia Fariña e todo o tramo sen saída.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona dende hoxe, aínda que a prohibición non será efectiva ata o xoves pola tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.