PA NEGRE. CICLO “CINE EN GALEGO”

19

Lugar: Teatro Principal
Hora: 21 horas.
Entrada de balde.

Presentación a cargo de Eduard del Castillo. Actividade do programa "Maio, Mes da LIngua". Colabora Cineclub Pontevedra.

Nos crus anos da posguerra rural en Catalunya, Andreu, un neno que pertence ao bando dos perdedores, encontra un día no bosque os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren cargarlle o morto ao seu pai pero el, para axudalo, intenta descubrir quen os matou. Nese percorrido, prodúcese en Andreu o espertar dunha conciencia moral fronte a un mundo de adultos alimentado polas mentiras. Para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces e acaba descubrindo o monstro que habita nel. Esta película foi galardoada con premios tan importantes como nove Goyas e o Óscar á mellor película de fala estranxeira.