O Concello mantén a súa colaboración coa Banda de Salcedo

50

O Concello de Pontevedra asinou esta semana o convenio de colaboración coa Asociación músicocultural San Martiño de Salcedo. O alcalde explicou que esta achega de 25.600 euros para a organización de dez concertos en diversas festividades e actos municipais: Cabalgata de Reis, concerto de primavera, festas de Santa María…

A actividade máis coñecida desta Asociación é a da Banda de Música de Salcedo pero tamén está incluída dentro da súa actividade a Escola de Música que conta con 150 alumnos "que na práctica funciona como Escola municipal de música", explicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores á hora da sinatura do convenio xunto ao presidente da Asociación.