Pontevedra acolle mañá o Correlingua

46

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este mércores, 9 de maio é:

• Correlingua. Hora: 10.30 h. Lugar: praza da Ferraría e centro histórico. Organizan: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra, AS-PG, CIG-Ensino, A Mesa, ENDL dos centros de ensino Contactos: www.correlingua.org
• Cinema en galego: Pa negre. 21 h, Teatro Principal. Entrada libre ata completar aforo. Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
• Exposición “O galego tamén noutros mundos”. No CEIP de Cabanas-Salcedo, do 8 ao 21 de maio. Organiza o CEIP de Cabanas e colabora a Concellaría de NL.