Curros Enríquez acolle o homenaxe do Días das Letras galegas a Paz Andrade

61

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este xoves, 17 de maio é:

• ACTO POPULAR EN HOMENAXE A PAZ ANDRADE. Ás 20 h na praza de Curros Enríquez. Recital poético, actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da Asoc. Sociocult. O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra.Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo. Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
• CINEMA EN GALEGO en Cinebox Vialia. Ás 17 e 19 h, Engurras. Ás 22 h, Tamén a chuvia. Prezo da entrada 5 EUR. Vales desconto de 1 EUR nos comercios da campaña Proba en Galego (https://probaengalego.blogaliza.org/). Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra. Colabora: Cinebox Vialia.