A concelleira de Igualdade, Lola Dopico, deixa o Concello

65

A concelleira de Igualdade, Lola Dopico presentou esta mañá á súa renuncia á Concellaría e a súa acta de concelleira. A decisión débese a necesidade de adicarlle máis tempo a súa laboura profesional. Lola Dopico explicou que “a decisión costa tomala, e decidimos facelo no momento oportuno”. Asegurou que “trátase dun momento complexo no ámbito académico, onde as Universidades están a vivir unha transformación complexa, e en Deseño e Moda temos un ano e medio moi complexo por diante”.
Lola Dopico reiterou o seu compromiso coa titulación “onde temos que traballar todos os días para facermos un oco e sermos coñecidos”.
A ex concelleira explicou que a súa experiencia política “foi unha honra. E unha aprendizaxe do máis relevante que poida ter na miña vida ter traballado para esta cidade, para o Concello con este equipo de Goberno e co alcalde. Son persoas que teñen achegado cuestións claves para a miña vida”.
Na súa despedida Lola Dopico gabou o modelo de cidade. “É extraordinario. Seguimos facendo unha boa cidade e un bo proxecto. E agardo poder seguir achegando ideas e o meu traballo”.
No seu lugar incorporarase o  profesor Miguel Filgueira.