Comeza o derrube do muro que divide a rúa Arcebispo Xelmírez

73

O Concello de Pontevedra iniciou este luns os traballos de demolición do muro que dividía en dous a rúa Arcebispo Xelmírez. Este muro pertencía á finca onde se edificaron varias vivendas, e correspondíalle ao promotor das mesmas o derrube do muro e a urbanización da rúa.

Logo de anos de liortas xudiciais, os residentes de Arcebispo Xelmírez poderán ver cumprida esta vella demanda de eliminar a barreira que fracturaba a rúa.

Os traballos prolongaránse durante varios días. Logo da súa demolición, o Concello acometará unha segunda fase que consistirá en facer melloras na rúa.