Aplicación legal desplazada #1: Reserva Fraccionaria

81

Lugar: Sala X da Facultade de Belas Artes. Rúa da Maestranza, 2.
Horario: luns a venres, de 12 a 14 h. e de 19 a 21 h. En xullo só en horario de mañá. En agosto pechada.

 

Núria Güell (Premio), presenta o seu arriscado proxecto Aplicación Legal Desprazada #1: Reserva Fraccionaria (2010-2011). Intentando subverter as relacións de poder, este traballo investiga acerca de como os bancos crean diñeiro. A partir de aí, a idea consiste na aplicación dunha lei da política monetaria, neste caso, a reserva fraccionaria de xeito inverso, cara aos bancos. Para iso, nunha fase inicial, levouse a cabo un encontro pedagóxico que ensinaba " Como expropiar aos bancos? " acompañado por un manual onde se incluían recomendacións legais para poder levalo a cabo.