Xadrez e pin-pon ao aire libre en Campolongo

56

O parque de Campolongo conta dende esta semana con novos equipamentos para o recreo e lecer dos veciños e de todas as persoas que empregan este céntrico parque como lugar de esparcemento. A instalación realizada polo departamento de Parques e Xardíns do Concello, que xestiona a concelleira Anxos Riveiro, consta de dúas mesas estáticas de xadrez, outras dúas de pin-pon e unha quinta de multixogos.

O alcalde que visitou o espazo -situado na traseira da Residencia da Terceira Idade- destacou a importancia de ir complementando os espazos de encontro e lecer do Concello con este tipo de equipamentos, que non supoñen un gran desembolso para as arcas municipais, pero si son moi empregados polos veciños e usuarios deste tipo de xogo.