Concerto de Zan Hoffman

65

Lugar: Liceo Mutante

Hora: 21:30 h.

 

Zan Hoffman, músico e artista visual norteamericano, comezou nos 80 a súa andaina. Dende entón editou unha innumerable cantidade de material tanto en solitario coma en colaboración con outros artistas. Realizou actuacións en Estados Unidos, Dinamarca, Holanda… e en importantes festivais españois de música experimental.

 

Hoffman volta ao Liceo Mutante (r/ Rosalía de Castro, 100), despois de poñelo patas arribas nas dúas primeiras visitas. O crooner punk, o bailarín e cantante máis carismático de todo Kentucky, quedou con ganas de máis e vén visitarnos coa intención de volvela a liar parda e de que ninguén quede sen bailar os seus grandes hits.