Mostra colectiva de Olga Lobo e Asunción Núñez Sobrino

91

Lugar: Delegación Teritorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

Horario: de luns a venres, de 09 a 14 h. e de 17 a 21 h.

 

Unha mostra conxunta das pintoras Olga Lobo e Asunción Núñez Sobrino.  A exposición, componse de varias obras pictóricas destas dúas artistas que apostan pola cor, as paisaxes e as composicións volumétricas.

 

Asunción Núñez Sobrino é unha pintora recoñecida na súa terra, Pontevedra. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid tamén ten estudos de Decoración realizados na Escola Mestre Mateo de Santiago de Pontevedra.

 

Membro dunha importante saga artística, na que figuran artistas, investigadores ou filósofos, entre outros, dende pequena viviu nun ambiente familiar rodeado de arte, o que sen dúbida deixou pegada nos plantexamentos da súa obra.

 

Os críticos aseguran dela que ten unha gran bagaxe de coñecementos pictóricos e que se move dentro do mundo das realidades, cunha pintura que trata de levarnos a escenarios onde as lembranzas afloran. “Calquera detalle dun espazo íntimo transfórmase para a artista en algo que deixa de ser insustancial para transformarse nunha realidade”, asegurou García Nuño. E é que, por un lado, a pintora aposta polos interiores con todo o seu realismo, e por outra banda, con cadros de impresionismo libre.

 

No caso de Olga Cobo, aínda que castelán de nacemento, é asturiano-galega de adopción o que se reflexa nas súas obras nas que recolle o paisaxe e a cor destas dúas zonas do norte. Foi alumna e e compartiu experiencia con artistas da talla de César Pola ou Humberto. A súa inquedanza por avanzar nunha traxectoria artística con selo propio levouna a experimentar nas súas obras coa cor, sen dúbida, como asegura ela mesma, “a linguaxe determinante na miña obra”.

 

A artista traballa, ademais de coa cor e o lenzo, con outras técnicas como a espátula o óleo sobre alabastro ou as areas, así como a laca. “Este último material constitúe, sen dúbida”, segundo asegura, “unha orixinal aposta polas novas tendencias da arte”.