Corte en A Estrada para obras de mantemento da rede de pluviais

45

Obras de mellora e mantemento da rede de pluviais da rúa Estrada, obrigan a pechar a rúa na xornada de hoxe e de mañá entre Rodríguez Seoane e San Amaro, e voltarase a abrir ao tráfico o venres.

Mentres duren estes traballos, a Policía Local desviará o tráfico da zona cara a rúa Rafael Dieste, Pintor Laxeiro e Xoán Carlos I (no caso de dirixirse á parte leste da cidade).

A Policía Local autorizará o paso a residentes.