Comezan os traballos de eliminación de barreiras da praza da Ferraría

54

O Concello de Pontevedra inicia este mércores os traballos de eliminación de barreiras arquitectónicas nas rúas perimetrais da praza da Ferraría, un proxecto financiado polo Concello, ademais de polo Imserso e a Once, que se se achega aos 170.000 euros.
Os traballos consistirán na colocación do pavimento a nivel da praza da Ferraría, eliminando as barreiras arquitectónicas no Paseo Odriozola ata o seu entronque coas rúas Laranxo e Pasantería e que se prolongará até a rúa San Román. Ademais da renovación do pavimento tamén está prevista a renovación dos servizos: gas, electricidade, telecomunicacións, auga…
Dos 170.000 euros de custe do proxecto, o Concello fai unha achega de 100.000 euros e o resto procede dunha subvención concedida polo Imserso e a ONCE.
As pretensións municipais ao respecto da Ferraría eran máis ambiciosas. O proxecto inicial supoñía a reposición de todo o enlousado da praza, pero a axuda dos organismos estatais quedou en 70.000 euros polo que o Concello acordou rebaixar a actuación e limitala á eliminación das barreiras da praza.
Cabe lembrar que a última reforma que se fixo na praza da Ferraría, foi ano 1986 cando se repuxo toda a pedra da praza procedente de derrubes do porto de Marín. Esta pedra tiña moitos danos e estaba afectada pola salitre, polo que rompe con certa facilidade.