O Concello achégase ao mundo da micoloxía con “Tempo de outono”

61

A Concellaría de Medio Ambiente e Consumo, que xestiona Anxos Riveiro, organiza entre esta semana e a que vén “Tempo de outono. Actividades de achegamento aos cogomelos”, unha cita obrigada chegada esta estación. A Concellaría quere abordar o mundo da micoloxía dende todas as súas perspectivas.

“Tempo de outono” comeza este vernes, 2 de novembro, coa charla-coloquio “O mundo dos cogomelos”  ás 19.00 horas no Seminario do Pazo da Cultura. Consistirá nunha charla-coloquio máis un obradoiro de cultivo de Pleurotus ostreatus.

A programación continuará o sábado, 3 de novembro, ás 10.00 horas diante do campo de fútbol de Marcón, a cargo de Jaime Blanco-Dios, experto en micoloxía.

“Tempo de outono” remata cun obradoiro de cociña de cogomelos, martes, 13 de novembro, ás 19.00 horas no Pazo da Cultura.

Todas as actividades son gratuítas previa inscrición en info@ventos.es ou no número 986 87 39 31.