Michael Nyman, mañá, no Pazo da Cultura

29

A programación da Concellaría de Cultura, que dirixe Anxos Riveiro, oferta mañá no Pazo da Cultura a actuación de Michael Nyman Solo & Cine Opera, un proxecto no que o artista combina a música en directo con video creacións. As entradas para esta actuación están todas vendidas dende hai semanas.

O concerto de Michael Nyman será moi íntimo cos temas máis coñecidos dos seus discos e bandas sonoras (El piano, Gattaca, etc.) con algunhas das súas obras de videoarte baixo a denominación Cine Opera, con música de piano composta específicamente para as imaxes, tratándose en moitos casos de creacións novas para o público español.

Será un concerto moi especial onde se poderá gozar da faceta de compositor e pianista e da menos coñecida faceta como artista visual que levou a cabo en paralelo durante máis de 20 anos.