RESTRICIÓNS PARA A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS NA RÚA RAÍÑA VITORIA

72

 

O vindeiro martes día 15 a partir das 10.00 horas pecharase o carril de saída da cidade na avenida Raíña Vitoria, (sentido Augusto García Sánchez – Alameda), por obras de reparación da calzada.

Manterase aberto á circulación de vehículos o carril de entrada á cidade, (sentido paseo de Colón – Augusto García Sánchez). A saída habilítase por Xeneral Rubín cara á rúa Fernández Ladreda.

Para os vehículos procedentes de Eduardo Pondal aconséllase o desvío pola rúa Alcalde Hevia cara á rúa Fernández Ladreda.

Procederase a sinalizar os desvíos e a zona de obra, permitindo o acceso dende Augusto García Sánchez cara á rúa San Xosé e dende Palamios e avenida Raíña Vitoria cara á rúa Pastor Díaz.

A obra prolongarase un mínimo de dúas semanas.