A Corporación municipal entregou hoxe os premios Cidade de Pontevedra outorgados polo xurado cualificador ao deportista David Cal -na categoría de persoa física- e á empresa Hifas da Terra, na categoría de persoa xurídica.
Nun pleno de honra, os premiados recibiron o tradicional Teucro de Plata e un diploma acreditativo do premio.
O xurado acordara elexir a David Cal para polo importante logro neste ano 2012, ano olímpico, e por ser un dos deportistas máis premiados do país; e a Hifas da Terra por ser unha empresa pioneira no tratamento e producción de cogomelos. Tamén recoñece o seu labor investigador en distintas áreas, como tratamentos paliativos do cancro.
O xurado tamén destacou o recoñemento ás outras dúas candidaturas presentadas: o xornalista Eugenio Giráldez e o Banco de alimentos.