Tristán cara de can

84

Lugar: Auditorio Centro Social Novacaixagalicia

Hora: ás 10 e ás 12 h.

O espectáculo “Tristán cara de can” da compañía Elefante Elegante conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba, decidiu arrincarse o corazón para nunca máis sufrir. Deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como el esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata así… Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai intentalo todo para facer rir o noso personaxe. Será capaz?

Actividades dirixidas a escolares de 3 a 6 anos. Duración: 50 minutos. +info. en www.escolares.obrasocialncg.com