O Concello esixe a Fomento eliminar as deficiencias detectadas nas obras do AVE

75

Os concelleiros coordinadores das áreas urbana e rural, Luís Bará e Demetrio Gómez visitaron esta mañá os traballos de desenvolvemento do tren do Eixo Atlántico ao seu paso polo municipio, a advertiro á empresa das diversas deficiencias detectadas en varios puntos do trazado do tren.

A empresa ten previsto rematar as obras a final de ano, e o vindeiro día 15 empregar a nova vía para desmontar a vella na entrada á estación, segundo explicaron os concelleiros que lles pediron explicacións polo sucedido na rúa Médico Ballina esta semana cunha explosión a apertura da túnel baixo a parroquia de Lérez. Os técnicos de Fomento e da empresa explicaron que as cargas eran de 25 kilos (bastante máis baixas das usuais), pero se produxo o desprendemento dunha manta inchable protectora que evita a saída de pedras cara ao exterior.

Dende a empresa lle explicaron que dispoñen dun seguro de responsabilidade civi, ao que poden reclamar as persoas que se viron perxudicadas con aquela explosión. Os concelleiros pediron que extremen as precaucións en toda a obra, e especialmente nas explosicións.

Sobre outros puntos, os concelleiros urxiron a entrega da cuberta sobre a vía na rúa Doce novembro para poder adecentar esta zona e tamén pechar os circuítos peonís nesta parte da cidade onde se producen algunhas situacións perigosas para os peóns. A previsión de Fomento é entregalo no verán.

As obras na Seca van a ritmo razonable. Xa están rematadas as dúas pontes, e está pendente de construír a cuberta que comezará unha vez que se desvíe o tráfico ferroviario á nova vía.

Sobre o apeadeiro do campus universitario, onde existe un importante problema de pluviais resolverase coa construción dun novo apeadeiro noutro lado da vía. Na rúa Holanda, de Monte Porreiro, rúa sen saída e en malas condicións polo tránsito de camións. A empresa comprometeuse a reparala unha vez que rematen os traballos na zona.

No ámbito rural, a empresa comprometeuse a tratar de solucionar un empozamento de auga da chuvia na estrada de San Caetano, así como acondicionar a parcela detrás da igrexa de Alba empregada na actualidade para acopios de desescombros e material. Os técnicos acordaron explanada e deixala en condicións óptimas.

Na zona de Pontecabras, onde cruza o Camiño de Santiago, a empresa comprometeuse a marcar cun pavimento distinto o trazo do Camiño de Santiago e solucionar os problemas de pluviais e sanear o lugar.

A zona máis con máis complicacións é a da Gándara, en  Lérez. Os propios técnicos de Fomento e da empresa recoñeceron que descoñecían que se atopa asolagada e enlamada. Acordaron darlle un tratamento acorde para a zona onde existe un curso natural de auga que terá que ser debidamente canalizado e ben recollidas as augas da chuvia.