Neuman

84

Lugar: Sala Karma

Hora: 22:30 h. Apertura de portas ás 22 h.

Entradas anticipadas: 8 €, á venda en Rei Zentolo Pontevedra, Pequeño Karma, www.ticketea.com e www.entradasgo.com | Taquilla: 10 €.

VII Aniversario da Sala Karma.

Neuman é unha banda de Murcia formada na actualidade por Paco Román (voz e guitarra) e Fernando Lillo (piano). A banda comeza a gravar en agosto de 2011 o seu segundo álbum, The Family Plot (2012), disco cheo de cancións escuras, melodías espesas e decadentes, letras depresivas, doce temas en caída libre… Música e letra da man de forma sublime, para homenaxear á tristura da forma máis bela que xamais o puideses oír.

Neuman fuxiu de calquera avance tecnolóxico, gravando practicamente en directo, porque así é como transmite mellor os seus sentimentos e os plasma dese xeito tan incrible nas súas cancións. De momento, Raio 3 atreveuse a catalogalo, este The Family Plot (2012), como un dos mellores discos (senón o mellor) de 2012, e a revista Rolling Stone os recomendou como unha das 25 bandas que debes de coñecer.