XI Exposición da Camelia no CEIP Campolongo

62

Lugar: CEIP Campolongo. Rúa Xeneral Rubín, 3.

 

Programa de actos do martes 19 de marzo:

12:30 h. Apertura os centros de ensino da exposición.

16 h. Reunión do xurado e valoración dos lotes de flores.

16:30 h. Apertura o público da exposición.

18 h. Acto de inauguración. Recepción de autoridades e percorrido pola exposición. Intervención de autoridades. Lectura da acta de premiados.

 

Bases da XI Exposición da Camelia:

I. Os días 19, 20 e 21 de marzo de 2013 terá lugar no CEIP de Campolongo a XI Exposición da Camelia.

II. Poderán concorrer todos os alumnos e alumnas do centro.

III. Poderanse presentar flores pertencentes a calquera especie de camelia ou híbridos. Admítese calquera forma de flor, dende a sinxela ata a dobre formal e tódalas formas intermedias de variedades.

IV. Concederanse 3 premios para a seguinte modalidade: Presentación artística. Sendo libre o  número de flores.

V. Os concursantes presentarán os lotes de flores na sala de exposicións, entre as 09 e 12:30 h. do día 19 de marzo; non poderán retiralos, sen autorización, antes das 18 h. do día 21 de marzo.

VI. Convócanse así mesmo concursos de redacción, poesía, debuxo e pintura, traballos manuais e de fotografía, baixo o lema: “Fantasía de Camelia”.  Neste concurso concederanse tres premios, para cada unha das modalidades anteriores. Os traballos deberán ser entregados á Coordinadora de Actividades Complementarias antes do día 15 de marzo para ser expostos na sala de exposicións.

VII. Os alumnos dos centros de ensino poderán visitar a exposición a partir das 12:30 h. do martes 19 de marzo. A inauguración da exposición terá lugar ás 16:30 h. e darase lectura ó dictame do Xurado do concurso ás 18 h.

VIII. A comisión organizadora e o Xurado, estará composto por membros da comunidade educativa do centro, e presidida por dona Carmen Salinero, bióloga da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e presidenta da Asociación Española da Camelia. Dito Xurado poderá declarar desertos os premios establecidos, se as flores ou traballos presentados non alcanzasen o nivel requirido.

IX. Os concursantes, polo feito de solicitar a inscrición, declaran coñecer e aceptar integramente estas bases e someterse ás decisións do Xurado e da comisión organizadora, segundo as súas diversas competencias. Os dictames do Xurado serán inapelables. Poderase solicitar calquera aclaración sobre as Bases á comisión organizadora.