APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO VIAL DA REDE ARTERIAL, NOVO ACCESO SUR N-550, DESDOBRAMENTO DA AVDA DE VIGO.

84

 

CONCELLO DE PONTEVEDRA

 

APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO VIAL DA REDE ARTERIAL, NOVO ACCESO SUR N-550, DESDOBRAMENTO DA AVDA DE VIGO.

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión que tivo o lugar o día 11/03/2013, adoptou o seguinte ACORDO:

 

“(…)Primeiro.- Estimar as alegacións formuladas no período de información pública subsecuente á aprobación inicial do "proxecto de urbanización do vial de nova apertura para o desdobramento da Avenida de Vigo, denominado “Rede arterial novo acceso Sur N-550”, – por don José Dasilva Acuña e don Jorge Lorenzo Durán aos que se terá por interesados no procedemento e así se reflectirá no expediente expropiatorio; estimar parcialmente as deducidas por don Ricardo Garrido Insua e/r de don Cándido Garrido Dios no que atinxe á titularidade e por don Miguel Acuña Serra e, desestimar as formuladas por don Alfonso Guillán Casas, don José Luis García Alonso e outros, dona Araceli Dios Torres, dona Pilar García Alonso e don Cándido García Filgueira, sen prexuízo de derivar o seu contido e adiar a súa posible toma en consideración, no que atinxe ás cuestións de superficies e valoración de predios e bens ao correspondente procedemento de expropiación forzosa a tramitar no que poderán achegar documentación acreditativa do alegado, e, da toma en consideración do alegado polo Sr. Filgueira e informado polo Ministerio de Fomento sobre carril segregado na glorieta de O Pino para canlear o tráfico procedente de Marcón, cuestión allea ao procedemento que nos ocupa, todo isto con base ao informe emitido pola Oficina Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística en data 11/12/2012 e ao informe emitido conxuntamente pola Arquitecta Municipal adscrita á Oficina Técnica de Arquitectura e polo Enxeñeiro Xefe da Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas e Enxeñería de data 22/02/2013 que se incorporan ao texto do presente e serven de motivación consonte ao disposto no art. 89.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no senso e polas demais motivacións expresadas no expositivo do presente.

Segundo.- Prestar aprobación, con carácter definitivo, ao proxecto de urbanización do vial de nova apertura para o desdobramento da Avenida de Vigo, denominado “Rede arterial novo acceso Sur N-550”, promovido polo Concello de Pontevedra, en execución do convenio subscrito co Ministerio de Fomento o 24 de abril do 2009, -modificado por addenda asinada o 23 de novembro do 2012-, instrumento técnico subscrito pola entidade “Plans estratéxicos Territoriais de Transporte e Ambientais”(PETTRA S.L), de data setembro de 2011 e redactado polos enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, don Santiago N. López Fontán e don Ignacio Teijeiro Calvo.(…)

(…)Quinto.- Comunicar este Acordo á Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas, e proceder á publicación de anuncios do mesmo no "Taboleiro de Editos" do Concello, na páxina web http//: www.pontevedra.eu e no "Boletín Oficial" da provincia, aos efectos de acadar a súa executividade, con notificación persoal aos interesados, e con ofrecemento do réxime de recursos procedentes e, para dar resposta razoada, ás persoas que participaron no proceso de información pública. (…)”

 

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 116-1 da Lei 30/1992 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, consonte ao disposto nos artigos 8-1 e 46-1 da Lei 29/1998, de 13 de xuño, reguladora da Xurisdición Contenciosa-administrativa.


 

 

Pontevedra, 14 de marzo de 2013

 

O ALCALDE

O CONCELLEIRO SECRETARIO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

 

 

 

Asdo.- D. Miguel Anxo Fernández Lores

Asdo.- D. Raimundo González Carballo.