Peche da rúa Estrada por obras de reparación

52

Os traballos de mantemento e reparación de pequenas deficiencias detectadas polos servizos técnicos municipais nas obras de reurbanización de Joaquín Costa e A Estrada, obriga mañá a o peche desta última dende o entronque coa rúa Rafael Dieste. Os vehículos que circulen pola rúa Estrada serán desviados por Rafael Dieste, cara Pintor Laxeiro. O peche será dende as 10.00 horas (respectando a entrada aos centros de ensino) e durante toda a xornada.
Antes de que remate o período de garantía e logo dunha inspección a fondo de toda a obra por parte dos técnicos, a empresa Sercoysa que executou os traballos, está a realizar nestas semanas as reparacións en todo o trazado da reurbanización.
Son pequenas obras de reparacións de lousas das beirarrúas, canalizacións de pluviais, caz… e outros detalles para que a obra de reurbanización quede perfectamente pechada antes de que remate a súa garantía.