O Metrominuto chega a París

92

O concelleiro Demetrio Gómez explicou hoxe os resultados da recente visita que realizou xunto ao concelleiro Miguel Filgueira á cidade austríaca de Graz, onde comprobaron que o modelo de Pontevedra está a gustar internacionalmente. De feito, en vindeiras datas, Pontevedra será a anfitriona dunha visita similar á de Graz, con axentes e expertos europeos para coñecer o noso modelo urbano.

Ademais, hoxe o Concello coñecía que a Oficina de Urbanismo de Paris solicitaba o Metrominuto para colgalo na súa páxina web www.apur.org como exemplo do que se pode facer en outro tipo de mobilidade.