“Si Quero”

77

Lugar: Recinto Feiral

Horario: de 11 a 20:30 h.

O Recinto Feiral de Pontevedra converterase durante a fin de semana dos próximos 20 e 21 deste mes de abril nun punto de encontro para todos os profesionais e persoas interesadas nos eventos e as grandes celebracións, con especial atención ás vodas.

"Si Quero” abrirá as súas portas en horario continuo de 11 a 20.30 horas. A entrada ten un custo de 1,50 euros. Os dous días de programación inclúen senllos desfiles-exhibicións de roupa de festa e perruquería.