Comezan as segundas Xornadas de Patrimonio no Rural

43

A Concellaría de Patrimonio Histórico, que xestiona Luís Bará, celebra mañá e o sábado, as segundas Xornadas sobre Patrimonio no Rural. Patrimonio, Territorio e Desenvolvemento rural”, na Misión Biolóxica.
A programación desta segunda é a seguinte:
Vernes, 12 de abril (tarde)
• 16.30 h. Recepción de participantes no salón de actos
• 17h. Conferencia de apertura de Begoña Bas sobre patrimonio etnográfico: “Un patrimonio para coñecer, valorar, actuar gozar”.
• 18 h. Mesa de experiencias institucionais sobre recuperación e dinamización de conxuntos patrimoniais: Cristina Cid, concelleira de promoción económica de Allariz e Joao Alpuim Botelho, director do Museo do Traje e coordinador dos núcleos museolóxicos das parroquias de Viana do Castelo.
• 19.10 Pausa
• 19.30 Mesa de experiencias sociais sobre recuperación e dinamización de conxuntos patrimoniais: Rafa Beceiro, coordinador Proxecto Esmelle (Asociación Veciñal Valle de Esmelle-Ferrol) e José Bravo, coordinador da Aula do Almofrei (Comunidade de Montes do Salgueiral, Bora-Pontevedra)
• 21.00 Convivio.
Sábado 13 de abril (mañá)
• 10 h. Conferencia de Ignacio Muñiz Jaén, director do Ecomuseo do río Caicena (Córdoba): "O Ecomuseo do río Caicena en Almedinilla (Córdoba): desenvolvemento rural desde o patrimonio histórico-natural e a participación cidadá"
• 11 h. Presentación de iniciativas sobre patrimonio, territorio, custodia, desenvolvemento: Ramón Magdalena (Asociación Galega de Custodia do Territorio): “Custodia do Territorio: concepto e situación actual” e Paula Lubián (Feitoría Verde). “Ruralactivo: programa de dinamización do patrimonio de Xeve-Pontevedra”
• 12.10 Pausa
• 12.30 h Mesa de experiencias sobre iniciativas de custodia do territorio: Fernando Bandín: Fundación Fragas do Mandeo e Gonzalo Sancho: Asociación Vaipolorrío (Pontevedra) e Mario Touceda Torres: Fundación Terra Termarum (Castrolandín- Cuntis)
• 13.30-14.30 h Visita guiada á Misión Biolóxica de Galicia.
• 15 h Xantar. A participación na xantar é opcional. Inscrición previa, prezo 15 euros.